maderne / crítica literaria e teatral... E POLÍTICA

un espazo para partillar críticas, comentarios, reseñas e outros documentos sobre literatura, teatro, arte, cultura..., amenizado por Manuel F. Vieites




martes, 15 de agosto de 2017

Viva Antonio Machado! Viva a república!

Cando un imbécil de nome Josep Abad i Sentis propón retirar o nome de Antonio Machado dunha rúa de Sabadell, por "españolista", a un xa non lle queda moita confianza no ser humano. 

Sería bo que o tal Pep Abad reparase na historia persoal e no pensamento dun tal Heribert Barrera, tan amado no seu país. Tan "nazi". 

Todo isto cheira a "supremacismo", o mesmo que asasina demócratas no Estado de Virxinia. Puro supremacismo, só que este que se dá onda nós só quere eliminar ideas, as que non se compadecen co "pensamento único" que queren impoñer. Unha cantiga de Brassens, contra a música militar, as patrias e as fronteiras.