maderne / crítica literaria e teatral... E POLÍTICA

un espazo para partillar críticas, comentarios, reseñas e outros documentos sobre literatura, teatro, arte, cultura..., amenizado por Manuel F. Vieites




domingo, 25 de abril de 2010

xaime quintanilla


Acabamos de preparar a edición en castelán dun texto ben interesante de Xaime Quintanilla Martínez, médico, actor, director de escena, editor, e primeiro alcalde socialista de Ferrol, en 1931. Foi asasinado un 17 de agosto de 1936 contra a parede do cemiterio de Canido, logo de ser secuestrado pola voráxine franquista e fascista desatada naquel verán e que tanto ía durar.
O texto titúlase Alén, que en castelán será Más allá. Vai se publicado na revista ADE/Teatro. Informaremos da súa saída.

No hay comentarios: