maderne / crítica literaria e teatral... E POLÍTICA

un espazo para partillar críticas, comentarios, reseñas e outros documentos sobre literatura, teatro, arte, cultura..., amenizado por Manuel F. Vieites




lunes, 19 de abril de 2010

Filla!


Vimos de ler Filla, peza moi interesante de Galo Salinas Rodríguez, publicada en 1892, logo de ser premiada en Pontevedra. Trátase dun auténtico melodrama, ambientado na Galicia rural de finais de século, que ben podería acontecer en Almadén ou en calquera pobo de Arkansas. A carpintería narrativa é a propia do xénero que tanto se estilou en América. Un texto que paga a pena ler malia as dificultades ortográficas que podería presentar nun primeiro momento. Todo é cousa de dedicarlle un pouco de tempo.
O Galo Salinas quería escribir un cadro de costumes galegas, mais o que de verdade publicou foi un melodrama enteiro e verdadeiro, antecedente preciso de moitas series televisivas que destacan pola crueza sentimental e emocional e pola forza das paixóns nun mundo asentado segundo unha orde binaria: malos e bos. Nada eu ver con esas "máscaras" de Tras-Os-Montes que si fan referencia a costumes e ritos agrarios galegos e de medio mundo.

No hay comentarios: