maderne / crítica literaria e teatral... E POLÍTICA

un espazo para partillar críticas, comentarios, reseñas e outros documentos sobre literatura, teatro, arte, cultura..., POLÍTICA, amenizado por MV García

reproducidas na lingua en que foron escritas, sen máis


jueves, 11 de julio de 2019

Jaime Manso na miña lembranza

Acabo se saber que morreu Jaime Manso, unha persoa magnífica, moi boa xente, a quen tiven o pracer de coñecer e tratar alá contra 1973 ou 1974 entre Sada, Betanzos e A Coruña. 

Para min o Jaime que coñecín é o que aparece nesta foto, aínda que algún día o volvín ver na súa tenda de discos, marabillosa. 

Aprendín moito del, e dos amigos e amigas cos que andaba daquelas. 

Acórdome un día nun bar en Sada, o Tropic, no que tomando unhas cervexas nos fartamos de escoltar unha canción de Bowie, que lle encantaba, Bowie e a canción aquela. Desde entón, sempre  que penso en Bowie inevitablemente penso en Jaime. Sempre. E escoito moito a Bowie, ou sexa que....

Eran tempos en que en tendas coma Bambuco, se podían escoitar cancións coma esta, unha novidade naquel momento.

Grazas, amigo Jaime, por tantas cousas. 

Grazas, por sempre.

E como queira que non podo deixar de sentir unha enorme melancolía aquí deixo outra cantiga que penso que lle gustaría moito.

Deus, que pena...




No hay comentarios: