maderne / crítica literaria e teatral... E POLÍTICA

un espazo para partillar críticas, comentarios, reseñas e outros documentos sobre literatura, teatro, arte, cultura..., POLÍTICA, amenizado por MV García

reproducidas na lingua en que foron escritas, sen máis


domingo, 16 de diciembre de 2012

Onde durmirás esta noite, amigo Anxo?



Foise o amigo Anxo Ramallal Chas, 
aos 
59 
anos







E...

Fomos todos a Meirás

Chovía por dentro...
e lembrei aqueles versos do Méndez Ferrín cos que tanto xogabamos na mocidade, entre grolo e grolo de viño do país de Betanzos...


Nos ríos, nas folgas, nas romaxes,
nas protestas nos muros, nos escritos,
nas gaitas, nas areas de Espasante acaso
reclamo a libertade pró meu pobo.

viernes, 28 de septiembre de 2012

Il Maquinario Teatro

-->
Poética dun desacougo atroz

Un espectáculo de Il Maquinario

MF Vieites

Publicado en Faro da Cultura

Destacaba Peter Brook, por volta de 1968, naquela marabilla titulada The Empty Space, a necesidade de apostar por un teatro inmediato, quizais porque el sabía, como sabemos agora, que a maioría da xente pode vivir perfectamente sen ningún tipo de arte, mesmo sen ánima. E imaxinaba un teatro capaz de estar á altura das necesidades da sociedade do seu tempo, é dicir dunha sociedade que precisaba referentes novos, que fose capaz de transformarse a si mesma, na procura daquel ideal humanista que tanto alentou coa Revolución Francesa e coa Modernidade.
Viñeron despois os tempos da posmodernidade e púxose en marcha a maquinaria infernal do todo vale, ao punto de que Damien Hirst enchía con cabichas un cinseiro denominado obra de arte, Olvido Gara reclamaba o legado de  Manolo Escobar, e os artistas da presentación escénica declaraban a morte do teatro, enchendo a escena simples accións cotiás e outras ocorrencias que non deixaban de ser un retrato intelectual e artístico dos seus executantes. Mediocridade en estado puro. E a posmodernidade prendeu en Galicia coma os lumes no verán.
Non hai dúbida que todos eses apóstolos da fin do teatro partillan un medo común, cal é o de enfrontarse a un texto para armalo, para dicilo, para falalo, para crear con el un mundo escénico substantivo, para facer del un artificio sonoro e visual, para conformar un espectáculo que deixe no espectador una pegada non superficial. Por iso mesmo Harold Pinter é un autor tan difícil e por iso provoca tanto desdén ou anoxo entre presentadores escénicos e acompañantes. Con Pinter non serven os simulacros.
Quizais o que se propuxeron estes mozos e mozas de Il Maquinario Teatro, con esta proposta primeira, fose precisamente facer un teatro substantivo e necesario, un teatro a favor do teatro e contrario polo tanto a esa dimensión mediática tan popular na actualidade, abeirada ao populismo, aos efectos especiais e á pólvora mollada. Un teatro a favor do público, considerando que o público tamén ten dereito á intelixencia, nun mundo en que se asenta con forza o pensamento débil, como denunciaba non hai tanto Susan George en El pensamiento secuestrado.
Destaca neste espectáculo de Il Maquinario, o traballo de composición do seu director, Tito Asorey, e a adecuada construción dos personaxes que ofrecen Melania Cruz, Fernando González, Laura Míguez e Fran Lareu. E hai na súa actualización na escena un certo pouso daquela dimensión lúdica que Brook reclamaba para o teatro, cando sinalaba que non era máis que un xogo, sendo o xogo unha das actividades humanas máis complexas. Un traballo que se realiza desde una comprensión certa dos elementos de significación da escena, e por iso o espectáculo ten unha coherencia notable, cousa pouco común na nosa escena. Hai que destacar, certamente, ese gusto polo rigor, pola precisión, que fai que o espectáculo acabe por ter unha dimensión sistémica considerable pois todo nel acaba por cadrar, aínda recoñecendo que haxa elementos prescindibles, coma un espazo sonoro que por veces se volve interferencia.
Agroma este primeiro espectáculo de Il Maquinario dun texto de Martin McDonagh que nos fai lembrar ao Pinter primeiro, autor de textos enigmáticos coma The Room, A festa de Aniversario ou The Homecoming, que provocan no lector unha manchea de preguntas sen resposta posible. E Tito Asorey, na versión que fai do texto orixinal, acerta a recoller a esencia dun texto tan duro como difícil, para construír unha proposta escénica en boa medida marcada por unha tonalidade cruel, asentada en palabras que cortan coma coitelos. E aí de novo destacamos o traballo de actores e actrices tan novos e tan notables, que xogan a vontade coa palabra para elaborar un pesadelo atroz, tamén a través das magníficas historias que van debullando aquí e acolá. Non se perdan o espectáculo. Paga a pena.

O home almofada
Recrea Martin McDonagh, neste texto enorme, a peripecia de dous irmáns que viven una vida estraña nun universo a penas recoñecible, a pesar das aparencias, e polo tanto indeterminado, indefinido, innomeable, sen limites precisos, sen ningún tipo de certezas. Pois todo canto se conta e todo canto se di carece de posibilidades de ser contrastado, de ser verificado. Só sabemos que un dos irmáns escribe historias arrepiantes mentres que o outro semella xogar con elas, como se xogaba antes ás películas en rúas e rueiros. E son historias que remiten a un mundo inhóspito, a unha terra baldía, coma en T. S. Eliot.
Dous policías investigan a desaparición de varios nenos en tanto reconstrúen a historia sórdida e macabra dos irmáns, detidos na comisaría. Nese tempo teremos ocasión de escoitar as incribles historias de Katurian, como a do porquiño verde ou a do home almofada, e que en boa medida acaban por ser metáforas poderosas do mundo que habitamos nós. Mais, finalmente, xamais saberemos da natureza verdadeira dos irmás, dos policías, nin tampouco saberemos da natureza verdadeira dos feitos que se nos presentan. E entón chega o tempo do desasosego. Coma en Pinter. Magnífico.

Unha historia
Un home esperta na forca de ferro onde o deixaron para que morrese de fame. Sabe que era culpable do crime polo que o meteron alí, pero non é quen de lembrar o crime cometido. Na encrucillada onde está hai outras dúas forcas; nunha delas hai una placa que na que se pode ler “violador”, e na segunda, outra placa coa lenda “asasino”. Na gaiola do violador hai un esqueleto cuberto de po; hai un vello agonizante dentro da gaiola do asasino. O noso home non pode ler a placa que hai por fóra da súa propia gaiola, así que lle pide ao vello que lla lea, para saber o que fixo. O vello mira a placa, mira ao home, e logo esbírralle na cara anoxado. (Pausa.) Chegan unhas monxas. Rezan polo violador morto. Moi ben. Danlle comer e beber ao vello asasino. Moi ben. Len o crime do noso home. Quedan sen alento e foxen chorando. (Pausa.) Chega un bandoleiro, menos mal. Observa ao violador sen moito interese. Mira ao vello asasino, rompe a fechadura da gaiola, e déixao ir. Acércase á gaiola do noso home, e le o seu crime. O bandoleiro, sorrí un chisco. O noso home devolve o sorriso, un chisco. O bandoleiro apunta coa pistola e atravésalle o corazón. Mentres o noso home morre, berra, “Dime tan só o que fixen!” O bandoleiro vaise sen dicirlle o que fixera. As últimas palabras do noso home foron “Irei ao inferno?” E o último son que escoita é a risa compracida do bandoleiro.     

viernes, 31 de agosto de 2012

Por la normalización de la educación teatral en la LOMCE

Amigas y amigos:

 

Como muy bien sabéis el Ministerio de Educación ha puesto en marcha una campaña de recogida de propuestas en el proceso de elaboración de la LOMCE, o Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa. Muchas personas en España entendemos que no podemos dejar pasar esta oportunidad para reclamar, una vez más y ya van muchas, la plena regularización de las enseñanzas teatrales en Infantil, Primaria, Secundaria y Bachillerato. Es por eso que lanzamos una campaña para hacerle llegar a la Secretaria de Estado una carta con esa petición, de la que se adjunta un modelo posible con la presente. A mi modesto entender, esa carta debiera ser enviada por asociaciones de alumnos y alumnas, asociaciones de titulados y tituladas, asociaciones profesionales, claustros y consejos escolares de centros, sean de Arte dramático sean de Primaria, Secundaria o Bachillerato, pero también de todos nosotros a título individual. Toda la información necesaria se encuentra en

http://www.educacion.gob.es/horizontales/ministerio/campanas/lomce.html

y el correo para firmar es: calidadeducacion@mecd.es

Dado que se trata de una petición legítima en el plano educativo, pero igualmente necesaria para el futuro profesional de los titulados y tituladas de Arte dramático, pero fundamental en la visibilidad, legitimación y desarrollo del arte teatral, os pido que, si lo estimáis oportuno, deis a esta propuesta toda la difusión que podáis.
 

Agradeciendo tu tiempo y atención, recibe un saludo cordial,

Manuel F. Vieites

CARTA

Ilma. Sra. Montserrat Gomendio Kindelan,
Secretaria de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
Estimada Sra.:
Como Usted bien sabrá, en muchos países de nuestro entorno cultural y geográfico, desde Finlandia a la República Argentina, y englobando a los países de expresión francesa o inglesa, la educación teatral goza de un alto reconocimiento, en tanto asignaturas como Expresión dramática, en la educación infantil y primaria, o Expresión teatral, en secundaria y bachillerato, tienen una incidencia directa en el desarrollo de capacidades, habilidades y destrezas fundamentales en esas etapas educativas. Por eso se han incorporado progresivamente al currículo de esas etapas educativas, en algunos casos desde principios del siglo XX.
En efecto, tanto la Expresión dramática como la Expresión teatral inciden muy positivamente en la adquisición de las competencias comunicativa y lingüística, cultural y artística o social y ciudadana, pero también en el desarrollo de la autonomía personal, la creatividad, la empatía, la tolerancia, la capacidad de trabajo en grupo y de resolución de problemas, la responsabilidad y el esfuerzo o la capacidad y la voluntad de emprender, al ser una actividad dinámica con una fuerte dimensión colectiva y práctica.
Es por todo ello que en relación con el Anteproyecto de Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa, y aprovechando la oportunidad que tan amablemente se nos brinda, queremos proponer que se considere la posibilidad de que en la Educación Infantil y Primaria se incluya la asignatura de Expresión dramática y en la Educación Secundaria y el Bachillerato la Asignatura de Expresión teatral, una propuesta que además de redundar directamente en la educación integral del alumnado también permitirá que adquieran hábitos nuevos en relación con un uso más adecuado de su tiempo libre.
Al mismo tiempo sería necesario que para impartir tales materias con criterios de calidad y excelencia se contase con personas especialmente cualificadas como es el caso de los titulados y tituladas superiores en Arte dramático, creando en los cuerpos docentes correspondientes las especialidades de Expresión dramática y Expresión teatral.
Agradeciendo su atención, y una vez más esta posibilidad de participación en el proceso, reciba un cordial saludo  
 
(firma y fecha)

domingo, 19 de agosto de 2012

A compañía escénica da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia



Confesións dun teatrólogo abraiado 
(e II)

Manuel F. Vieites

Insistimos sobre un tema de interese, pero facémolo desde unha posición académica, educativa e para nada belixerante ante outras posicións e valoracións, mesmo contrarias. Non estamos en guerra, pero igualmente temos que reflexionar, e falar... Por iso o que segue son reflexións que mostran as razóns de determinadas decisións que operan desde unha lóxica educativa, a única coa que se pode traballar desde un centro de formación. Non temos outra.

Segue habendo algunhas dúbidas arredor deste novo proxecto que queremos encetar en breve, e que derivan, en parte, da confusión entre “bolsa” e “contrato”. O que imos poñer en marcha son “bolsas de creación para posgraduados”, e por iso mesmo a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia non pode deixar de participar nun proxecto de moito alcance para o seu futuro en tanto institución con competencias en formación, investigación e creación, e con responsabilidades claras na transición á vida activa dos seus titulados e tituladas. Unha negativa da ESADg a participar neste proxecto sería tanto como cuestionar a súa propia razón de ser e a utilidade da súa oferta educativa, camiñar con decisión cara ao seu suicidio institucional. É como se a Escola Superior de Enxeñaría Industrial de Vigo rexeitase un acordo de colaboración con CITROËN. Sendo ademais, como será, un proxecto a todas luces vantaxoso para a Escola, en termos de prestixio e lexitimidade, pero tamén en relación coas condicións formativas ou económicas das bolsas a convocar. 

¿Qué fai un bolseiro no Centro de Investigacións Literarias Ramón Piñeiro, no Museo Pedagóxico de Galicia, no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo…? Pois algo tan sinxelo e natural como participar activamente en proxectos de investigación e desenvolvemento, naquelas liñas de traballo propias do centro ou da institución, baixo a dirección do responsable do proxecto e coa supervisión do centro. É esta unha lóxica e unha dinámica que non se cuestiona en ningunha escola ou facultade de ningunha parte do mundo, nin que cuestiona ningún colexio ou asociación profesional do mundo, pois forma parte dos procesos habituais de formación para o emprego. En efecto, as bolsas para posgraduados, as bolsas predoutorais, as bolsas de continucación de estudos, as bolsas posdoutorais, as bolsas de inserción laboral…, están presentes na maioría dos ámbitos produtivos, e son habituais na inmensa maioría das profesións, e en Galicia sobran os exemplos de persoas que ao rematar os seus estudos gozan dunha bolsa coa que poñer a proba as competencias adquiridas no período de formación, e consolidadas con traballo real, e ao mesmo tempo adquirir a bagaxe experiencial para iniciar con éxito o proceso de integración no mercado laboral. E chegará un día en que na ESAD de Galicia, como agora na Facultade de Físicas, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, ou na Facultade de Medicina, estean a desenvolver proxectos de creación, investigación ou formación, non un, nin catro, senón quince ou vinte bolseiros, pois iso é o “normal”, iso implica habitar a “normalidade” e non a excepcionalidade, alomenos para unha institución educativa con vontade de selo.

A posta en marcha da compañía escénica da ESADg é unha máis entre as moitas iniciativas que hai que activar para promover a transición á vida activa dos nosos titulados e tituladas, ou favorecer a continuación dos seus estudos. O convenio que se vai firmar entre o Centro Dramático Galego e a ESADg implica que desde esta compañía se vai producir un espectáculo cada ano, no que van poder intervir titulados e tituladas en interpretación, dirección escénica, dramaturxia ou escenografía, que así realizarán un practicum nunhas condicións razoablemente boas e nun tempo suficiente, o que lles permitará aplicar e consolidar, como antes se dixo, as competencias adquiridas e sumar novas experiencias fundamentais para a súa transición á vida activa. Unha iniciativa pioneira que nalgún momento nos vai permitir ofrecer bolsas de “investigación e creación” ou de “investigación, innovación e creación”. Para camiñar e para avanzar sempre hai que dar un primeiro paso, e iso é xusto o que estamos a facer. 

Dar un paso cara adiante, pois non se trata de “contratos en precario”, nin de “contratos lixo”.  Non estamos a falar de contratos, pois non é ese o marco legal ou normativo no que nos instalamos, senón de bolsas para posgraduados, as mesmas que, insisto, existen noutros ámbitos de formación superior. Cando se faga pública a convocatoria, poderemos comprobar como as condicións das bolsas que se propoñen en nada inducen a precariedade, pois son moito máis vantaxosas do que parecen, tanto que con toda seguridade os potenciais solicitantes aumentarían de forma exponencial se esa participación non estivese limitada ás persoas que teñen titulación superior en arte dramática.

Pero, ademais, as bolsas están reguladas por Lei, e recentemente en España téñense dado pasos substantivos para mellorar a situación dos bolseiros, aos que se lle recoñecen os dereitos básicos de calquera persoa traballadora, aínda sen selo realmente. Creo que é moi importante subliñar isto último. En ningún caso esta iniciativa vai conculcar dereitos, obviar normativas ou situarse fóra de ningún marco normativo, pois non estamos inventando nada. Estamos simplemente aplicando a lóxica coa que se opera noutros centros de formación superior en toda Europa, e cumprindo de forma escrupulosa o que se establece na normativa vixente aplicable.

As bolsas non se regulan nos convenios propios dun determinado sector, pois o seu marco legal e a súa finalidade son outras, dado que as bolsas teñen natureza educativa. Por iso mesmo neste caso non cabe falar de contratos, e facelo implica descoñecer, ignorar, ou non querer considerar a lóxica interna das profesións e dos procesos de acceso ao exercicio profesional. Un enxeñeiro mecánico que realiza unha estadía de formación para posgraduados nunha empresa de automoción non se rexe polo convenio que pode afectar a outros enxeñeiros ou enxeñeiras que traballan no mesmo departamento, e estes últimos en ningún caso cuestionan a presenza deses bolseiros ou bolseiras, quizais porque eles mesmos pasaron por ese proceso e saben da súa utilidade.

Certamente, hai no teatro peninsular persoas que acceden a un contrato profesional sen apenas experiencia, sen apenas formación, nin ter exercido de “bolseiro”(algo que tampouco non poderían facer). Sen deixar de sinalar que se trata de disfuncións propias dun sistema por facer e dunha profesión por construír como tal, temos que considerar a onde nos pode levar ese tipo de argumento tabula rasa, porque empregado de forma demagóxica pode eliminar de raíz moitas das demandas lexítimas que xa aparecen no horizonte. Se admitimos que calquera pode subir a un escenario como profesional, ou que un sistema teatral non precisa de máis recursos humanos que eses, para que queremos unha Escola?, a que vén reclamar que a materia “Artes escénicas”, que forma parte do currículo do Bacharelato, sexa impartida por titulados en arte dramática?, con que argumentos defender que nos teatros publicos exista a figura do director artístico, cargo que en boa medida debería ser desempeñado polos mesmos titulados?, para que a converxencia teatral con Europa?

Como xa dixemos, estamos vivindo os inicios dun tempo novo, sen dúbida derivado da propia existencia da ESADg e da aparición de novos “actores” e “axentes”, e por iso cómpre que todas e todos saibamos enfrontar as novas cuestións e problemáticas con rigor, tolerancia e xenerosidade, pois diso vai depender o que poidamos ou non seguir camiñando xuntos na construción dun sistema teatral sólido e sostible, que precisa de todas e de todos, sen exclusións por parte de ninguén. Os tempos novos invitan a debates novos que teremos que ir formulando de vagar, con moita reflexión, e que debemos xestionar coa serenidade e a seriedade necesarias para que eses debates non se convertan na cerna da nosa propia devoura, se se me permite a expresión.

Tamén se debe entender que a ESAD de Galicia ten unha misión que cumprir como institución educativa, e que non pode renunciar a facelo, nin pode renunciar a operar coas ferramentas que lle son propias como institución integrada no Espazo Europeo de Educación Superior. Non se entendería que se tentase coutar, dificultar ou impedir o seu pleno desenvolvemento, utilizando razóns e argumentacións que nin se compadecen nin respectan a lóxica educativa, académica e de transición á vida activa coa que operan as institucións educativas que teñen unha orientación finalista. Agardemos que a polémica vaia esmorecendo e que cunha pequena dose de diálogo as augas vaian volvendo ao río. De todos e de todas depende. Por nós non vai quedar.

jueves, 16 de agosto de 2012

A Compañía escénica da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia



Confesións dun teatrólogo abraiado (I)

A Compañía escénica da ESAD de Galicia: unha iniciativa necesaria

Manuel F. Vieites



A publicación na edición galega de El País dunha reportaxe asinada por Iago Martínez na edición do 15 de agosto, ten provocado reaccións ben dispares, polo que parece aconsellable informar á cidadanía das finalidades últimas dunha iniciativa que vai na dirección contraria que se lle atribúe desde algúns foros de conversa e opinión que podemos encontrar na rede. Lamento que o que segue teña unha certa lonxitude, pero iso dá idea da complexidade da cuestión que tratamos, polo que solicito das persoas que se queiran informar que o lean con atención pois contén moitas claves para un futuro por facer.

Hai neste traballo unha lóxica educativa, cultural e sistémica, mais non sindical, pois non é ise o territorio que, por agora, transitamos.

Razóns  que aconsellan a iniciativa

Mesmo desde antes de que a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia existise, algunhas persoas xa entendiamos que a creación dunha compañía propia debería ser un obxectivo estratéxico do centro. E nos últimos sete anos presentamos proxectos para creala en instancias varias, desde o Concello de Vigo ate a Deputación de Pontevedra, sen esquecer a Consellería de Educación. Mesmo nalgunha ocasión os medios se fixeron eco desa proposta nosa.

A tal compañía era imaxinada como un espazo no que o alumnado da Escola puidese realizar un “practicum” similar aos que se realizan noutras carreiras (en ocasións durante varios meses), e que teñen unha notable dimensión práctica, en tanto as competencias que deben adquirir os discentes se vinculan, fundamentalmente, cun saber facer que no noso caso se concreta nun espectáculo teatral, aínda que poida haber outras áreas do saber facer como a pedagoxía teatral, a xestión e dirección de teatros, ou a investigación aplicada.

A tal compañía tamén se imaxinaba para que a Escola puidese facer fronte, a través desa iniciativa, e doutras similares, a unha serie de retos que, como centro educativo, debe asumir e lograr. Entre eles, algúns vinculados co propio desenvolvemento institucional da Escola:
  • Poñer en marcha liñas de transición á vida activa, que constitúe unha obriga normativa, pois entre os parámetros que se teñen en conta na acreditación de titulacións no Espazo Europeo de Educación Superior, figuran as medidas para favorecer o emprego dos titulados, como establece o Real Decreto 1393/2007 que no seu Anexo I, que define os criterios para a elaboración das Memorias de Grao, sinala os que seguen:
    • 9.3 Procedimientos para garantizar la calidad de las prácticas externas y los programas de movilidad.
    • 9.4 Procedimientos de análisis de la inserción laboral de los graduados y de la satisfacción con la formación recibida. 
  • Xerar espazos de investigación, en tanto o Real Decreto 1614/2009 establece que os centros superiores de ensinanzas artísticas terán entre as súas competencias a da investigación nas disciplinas que lles sexan propias coa finalidade de se integrasen no Sistema Español de Ciencia e Tecnoloxía e no Espazo Europeo de Investigación. Espazos de investigación aplicada que poñan en valor a ecuación Investigación, Innovación e Creación: I+i+C.
  • Contar cun número suficiente de persoas tituladas en arte dramática para poder colaborar dos procesos de docencia e aprendizaxe de materias como “Prácticas de dirección de actores”, e “Prácticas de dirección escénica”, en tanto as persoas integradas na compañía terían tempo, no período de distribución do espectáculo, para facelo. Isto en ningún caso suporía más de 12 horas de permanencia en aula por semana, pero suporía unha nova maneira de seguir aprendendo nunha perspectiva diferente.
  • Ter unha compañía propia desde a que elaborar todo tipo de produtos escénicos e poder exhibilos na propia Escola e distribuílos en Galicia e no exterior, como parte da estratexia pública do centro. Unha compañía na que os seus integrantes contasen con tempo suficiente para traballar sen outra preocupación que os ensaios. A Escola xa creou varios espectáculos: Os soños de Walla, con dirección de Mariana Carballal, Homenaxe a John Cage, coordenado por Ana Serna, Lela anda en bicicleta, con dirección de Ricardo Solveira, ou A tempestade, dirixido por Dani Salgado. Nos catro casos, ao contarmos cun elenco conformado por alumnos e alumnas, moi xenerosos no seu esforzo e implicación, apareceron moitos problemas derivados da necesidade de compatibilizar docencia e creación.

Por iso sempre quixemos ter unha compañía para titulados e tituladas, tamén para atender as súas necesidades nese proceso tan difícil de inserción profesional. En efecto, coidamos que a existencia dunha compañía, que puidese realizar espectáculos con elencos numerosos, permitiría crear un tempo e un espazo para que os nosos graduados e graduadas puidesen:
  • Continuar os seus estudos de posgrao co apoio dunha axuda económica, de xeito que puidesen compatibilizar o traballo na compañía con esa continuidade de estudos. Son cinco meses de bolsa e un máster adoita ocupar sete. E a ESAD de Galicia aspira a ter un programa propio de estudos de posgrao 
  • Desenvolver proxectos persoais de investigación, desde un traballo de indagación poética ata unha tese de doutoramento. Nestes momentos xa contamos con titulados e tituladas que están a realizar interesantes proxectos de investigación neste último eido e pronto teremos os primeiros egresados da ESAD de Galicia co título de Doutor/a. 
  • Seguir ampliando a súa formación colaborando cos procesos de docencia e aprendizaxe da Escola nos campos da interpretación, a dirección escénica, a dramaturxia ou a escenografía. 
  • Deseñar e organizar o seu proxecto artístico e profesional e a súa inmersión no sector, co apoio da Escola.
A creación da compañía permitiría que cando menos un número razoable de titulados puidese contar cunha bolsa, e no mellor dos casos con dúas, que amais de facilitar o seu tránsito ao mercado laboral, lles permitise realizar todas ou parte das actividades antes sinaladas.

O percorrido que imaxinamos e polo que XAMAIS se debería deixar de traballar, é o propio de calquera institución superior de formación ou de investigación, nas que existen moi diversas bolsas, becas e axudas para que os posgraduados poidan desenvolver todo tipo de proxectos. Por iso, tamén no seu día quen subscribe presentou ante os responsables da Dirección Xeral de Emprego da Consellería de Traballo a necesidade de promover bolsas, becas e axudas para facilitar a inserción laboral dos nosos titulados, do mesmo xeito que acontece noutras ensinanzas como as universitarias ou a formación profesional, e do mesmo xeito que acontece noutras áreas de actividade.

En efecto, non se trataría só de favorecer a realización dun practicum de inserción laboral desde a Compañía da ESAD (creación, exhibición, distribución), senón de abrir liñas complementarias en dúas direccións para:

  • Os titulados e tituladas que contando cunha bolsa de traballo decidisen incorporarse a unha compañía como actor, directora, escenógrafa…, ou a un teatro como directora artística…, e 
  • Os titulados e tituladas que xuntando varias bolsas de traballo, e aproveitando os seus Proxectos fin de Carreira ou Fin de Grao, deciden crear unha compañía propia.
Por iso quen subscribe sempre afirmou que tiña a aspiración lexítima de converter a ESAD de Galicia nunha sorte de Bauhaus do Atlántico, en tanto a Escola debería ser unha factoría de creación e difusión escénica, e por iso tamén, quen subscribe, defendeu que a ESAD de Galicia contase cunhas instalacións axeitadas para ese propósito, para que os nosos titulados e tituladas puidesen realizar no centro “residencias de creación”, “residencias de formación” ou “residencias de investigación”. Por iso a sede definitiva da ESAD foi concibida como un complexo de tres edificios, dos que agora contamos co primeiro, quedando aínda por construír dous máis, que máis cedo ou máis tarde han de chegar.

Estamos pois ante unha política estratéxica, orientada ao pleno desenvolvemento dunha institución educativa como é a ESAD de Galicia. Non cabe operar noutra dirección.

As bolsas, as becas, as castañas…

Foi a chegada de Manuel Guede ao Centro Dramático Galego, precisamente, a que permitiu que ese proxecto, complexo e a medio prazo, que vimos de formular, e que se ocupa da “transición á vida activa”, poida comezar a facerse realidade. E foi así porque ben podería ser que o que agora se está poñendo en marcha se deba a vellas complicidades de persoas que no seu día alentaron a creación mesma da ESAD, como poderían testemuñar as persoas con responsabilidades na Consellería de Educación cando Celso Currás era o seu Titular; vellas complicidades tecidas tamén desde o Consello da Cultura Galega, cando xa falabamos de moitas destas cousas e mesmo imaxinabamos unha liña de investigación centrada nas maneiras de poñer en escena os textos de Valle-Inclán.

É necesario que isto se diga, porque o proxecto que propoñemos non se debe a unha visión “cortoplacista” da realidade, todo o contrario. O proxecto busca desenvolver novas liñas de traballo nun escenario novo, ese novo escenario que conta con novos “actores”, que son eses titulados e tituladas en arte dramática. O proxecto que propoñemos quere darlle á ESAD de Galicia novas ferramentas para desenvolverse e lexitimarse como institución educativa, para lograr TODOS os seus obxectivos estratéxicos, e como exemplo non teño máis que citar ao Yale Repertory Theatre dependente da Yale School of Drama. Para chegar a onde chegou esa compañía cómpre dar primeiros pasos e iso estamos a facer, pois todos os proxectos precisan de tempo para se converter en realidades vizosas.

Por outra banda tampouco debemos deixar de valorar o feito de que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulse este proxecto, polo que ten de recoñecemento da propia ESAD, do seu proxecto educativo e dos seus titulados e tituladas. Tampouco non deixa de ser curioso, por positivo e sintomático, o feito de que a ESAD de Galicia, en tanto institución fundamental do sistema teatral galego, entre a formar parte do Consello Asesor do CDG con Manuel Guede como director, e non antes, e dese “antes” podería dicir moitas cousas, que algún día escribirei de vagar. 

Becarios e bolseiros existen en todas partes do mundo, e de feito son unha maneira de fomentar o acceso ao mundo laboral. Certamente en Galicia hai persoas que pasan do instituto a asinar un contrato profesional cunha compañía de teatro, pero ese feito non deixa de ser unha disfunción do sistema, e mesmo unha mala xestión dos convenios, pois que se saiba ningún titulado en Medicina se puxo a dirixir unha operación aos dous días de chegar ao Hospital. Hai que facer antes o MIR, que dura varios anos.

O que estamos construíndo é un sistema de acceso ao exercicio profesional, e ao mellor estamos a facelo agora porque é agora cando cómpre facelo, pois é agora cando o concepto de “acceso ao exercicio profesional” ten sentido, en función dos titulados e tituladas que adquiren dimensión de profesionais en base a procesos regulados de formación, como acontece noutros campos de actividade. Se no teatro non acontece así, iso debe ser motivo de reflexión, pois non é menos certo que nos sistema teatrais consolidados, estables e sostibles, os profesionais das artes escénicas comezan a ser profesionais, agás excepcións, en función de procesos regulados de formación.

Historicamente en Galicia as circunstancias foron outras e nada hai que obxectar ao proceso, senón máis ben agradecer todo o traballo realizado por varias xeracións de creadores que loitaron arreo por crear un sistema teatral ex nihilo, pero ese recoñecemento e agradecemento polo xeneroso esforzo realizado non debe impedir que nas actuais circunstancias os procesos sexan outros, tamén polo ben do sistema teatral. 

Na CONSTRUCIÓN DUN SISTEMA DE ACCESO AO EXERCICIO PROFESIONAL temos que operar coas mesmas dinámicas doutros campos, sexa a enxeñería mecánica, sexa a terapia ocupacional ou sexa a conservación e restauración de bens culturais. Non me resisto a recoller unha convocatoria de bolsas do Museo del Prado, que vai na mesma dirección que a proposta que agora facemos. Pero hai máis, a nosa proposta foi, en boa medida, copiada doutras propostas similares, doutras bolsas convocadas polo Consello da Cultura Galega, o Museo Pedagóxico de Galicia, o Instituto da Lingua Galega, o Centro de Investigacións Ramón Piñeiro, ou de numerosas Orquestras e Fundacións que promoven o talento musical… Por iso poñer en cuestións a dinámica que nace agora é poñer en cuestión os procesos de acceso ao exercicio profesional que lle son propios á inmensa maioría das profesións. E poñer en marcha eses procesos supón finalmente construír, desenvolver e lexitimar unha profesión, como tal profesión.

Unha bolsa implica cotizacións á seguridade social e outras garantías derivadas da actividade profesional, como se recolle no RD 1493/2011. Pero non está sometida a convenio, nin se contemplan nos convenios, pois son outro tipo de contratos. Así, cando un bolseiro de investigación entra nunha empresa de automoción, o seu contrato non se rexe polo Convenio do Metal, réxese pola normativa de bolsas, becas e axudas. Non hai que confundir os xatos coas lebres. En Galicia existe un convenio para o sector teatral, cousa que é de agradecer, pero ese convenio, que tan ben se está a cumprir por outra parte, non afecta a outras liñas de actuación que as administracións públicas queiran desenvolver; ora ben, esas liñas de actuación deben axustarse á normativa vixente aplicable, e no noso caso é o de bolsas.

Outra cousa son as perversións e disfuncións que un abuso da política de bolsas poida provocar, e que no noso caso se evita limitando o número de bolsas a dúas. Dese xeito permitimos que todos os nosos titulados e tituladas poidan optar ás mesmas, e os elencos se vaian renovando. Por outra banda, estes bolseiros de creación, ou de investigación, de ser o caso, contarán cun seguimento e cunha titoría personalizada, e deberán presentar ao final do período unha memoria de traballo, vinculada cos procesos de creación e difusión implícitos no proxecto.

Non estamos pois ante un caso de contratación en precario, senón do desenvolvemento dun programa de transición á vida activa con carácter formativo no que, en boa lóxica, só poden participar as persoas que posúen a formación demandada: Título Superior de Arte Dramática, cursado na Comunidade Autónoma de Galicia.

A importancia da transición á vida activa é moita nestes momentos, ao punto de que a Unión Europea, que ten posto en marcha moi diversos proxectos para favorecela (PETRA, LEONARDO, YOUTHSTART, HORIZON), en breve vai dar a coñecer novas medidas de fomento do emprego da mocidade, ás que iniciativas como as que agora presentamos, e outras que desenvolveremos, se van poder acoller, e se van poder financiar. Claro que para optar a ese tipo de axudas hai que mostrar un breve histórico de actividades (como fan as compañías de teatro cando solicitan unha xuda, por certo) e iso mesmo é o que estamos querendo facer: poñer en marcha unha iniciativa que no futuro nos permita obter fondos europeos. Por iso insistimos en que este é un proxecto a medio e longo prazo, por moito que se queira medir cunha óptica reducionista e “curtopracista”.

Conclusión

Son tempos novos, estes que estamos a vivir no sistema teatral. Esta polémica que agora se desata é lóxica, e mesmo era inevitable, pois aparece en escena un novo colectivo que reclama o seu espazo, e ao mellor hai que reinventar as regras do xogo, como se fixo cando comezaron a saír titulados das Facultades de Xornalismo. A creación dunha Asociación de Titulados e Tituladas en Arte Dramática (atesadgalicia@gmail.com) era igualmente inevitable pois son moitas as cuestións que deben presentar, moitos os dereitos que deben reclamar, substantivo o espazo que deben ocupar en toda a amplitude do sistema cultural e teatral. Para iso se formaron, coma calquera titulado ou titulada en Medicina, Xornalismo, Pedagoxía, Maxisterio…

Alguén podería dicir que eses dereitos non se poden reclamar a “calquera prezo”, e mesmo podería parecer que con razón, mais acontece que no caso que nos ocupa estamos a seguir a mesma dinámica, os mesmos procesos que se seguen na inmensa maioría das profesións. Hora era que no eido das artes escénicas tamén chegasen estes tempos novos para unha nova profesión.          

Velaí as razóns que aconsellan loitar por un proxecto necesario, máis alá das circunstancias e das valoracións perversas, pois a razón académica e máis a educativa están da nosa parte. E seguiremos a loitar na mesma dirección, en defensa da arte do teatro e a favor da consolidación dun sistema teatral sólido, sostible e plenamente desenvolvido.

Por certo, “teatrólogo” é aquel que sabe, pouco ou moito, de teatroloxía, e “teatroloxía” quer dicir “logos” do teatro.

miércoles, 15 de agosto de 2012

ASOCIACIÓN TITULADOS/AS ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA

Nace a Asociación de Titulados e Tituladas en Estudos Superiores de Arte Dramática de Galicia

Razóns a favor dunha iniciativa necesaria

Manuel F. Vieites

Nun informe titulado Das funcións sociais e dos novos espazos profesionais para as artes escénicas en Galicia, que foi elaborado por Héctor M. Pose, José Antonio Caride, Rita Gradaílle, e eu mesmo, en base a unha convocatoria pública de 2006 da AGADIC, sinalabamos como ademais do ámbito artístico e creativo, existen outros ámbitos de verdadeiro relevo profesional que están plenamente desenvolvidos en países varios do noso entorno xeográfico ou cultural, entre os que se salientaban os que se vinculan cos campos:  (1) da educación, (2) da comunicación, (3) da xestión, (4) da saúde, a prevención e a terapia, (5) da investigación científica aplicada á innovación e á creación.

Aquel informe estaba pensado e realizado desde o ámbito da socioloxía das profesións, e considerando todo un conxunto de traballos e estudos de campo en relación co desenvolvemento doutras profesións, pero tamén en relación con conceptos tan importantes como profesionalización, profesionalismo ou profesionalidade, arredor dos que eu mesmo teño publicado algúns traballos en tanto se vinculan co recoñecemento, desenvolvemento e lexitimación das profesións, e dos requisitos e procesos que facilitan, ou non, ese recoñecemento institucional das mesmas (ADE/Teatro, número 100, Revista Galega de Teatro, número 60).

Aquelas profesións que gozan dun alto nivel de institucionalización son as que gozan de maior prestixio, e son aquelas nas que máis e mellor se defenden os intereses dos seus asociados e asociadas, pero tamén aquelas que adoitan destacar pola súa dimensión deontolóxica, como estamos vendo agora con esa insubmisión crecente ante os recortes en materia de sanidade, polo que tamén se defenden dereitos de usuarios. Así acontece, en efecto, coa medicina. Hai colectivos que teñen establecido mecanismos específicos de acceso ao exercicio profesional que no caso das ciencias da saúde, teñen dado excelentes resultados, e quizais por iso os nosos profesionais das ciencias da saúde están entre os mellor valorados do mundo, o que afecta positivamente ás persoas que utilizan os servizos de saúde.

Con todo, non todas as profesións precisan de mecanismos regulados para o exercicio profesional, e moito menos aquelas áreas de actividade humana que se consideran artísticas, pero non é menos certo que, agás no caso de persoas xeniais que se contan cos dedos dunha man, os procesos regulados de formación contribúen de forma notable na cualificación e competencias dos profesionais, sexa cal for o campo que consideremos. E ao ampliar o campo profesional, resulta evidente que as cualificacións previas son fundamentais, pois xa non estamos a falar de procesos de creación, senón doutros procesos nos que se precisan máis competencias que aquelas habilidades e destrezas que poderían, se acaso, dar conta dunha certa ou dunha excepcional xenialidade.

O desenvolvemento deses novos ámbitos de traballo, moitos deles plenamente regulados neses países de referencia, esixe que o acceso ao exercicio profesional nos mesmos se regule cos criterios idénticos aos que se establecen para outros campos; e do mesmo xeito que para impartir clase de matemáticas nun instituto se pide unha titulación superior, para impartir docencia no eido da educación teatral tamén se debería operar na mesma dirección, esixindo ademais que esa docencia sexa impartida por persoas coas competencias necesarias, as que se adquiren en procesos regulados de formación, e se demostran mediante concursos públicos. Por outro lado, tamén se precisan algunhas competencias en ciencias da educación, que agora se adquiren a través do Máster en Secundaria, ao que só se pode acceder mediante unha titulación concreta.

Os titulados e tituladas superiores en arte dramática partillan, sen dúbida, con outros axentes e sectores do campo teatral, reivindicacións que afectan ao desenvolvemento do sistema teatral, como podería ser a demanda de compañías residentes, pero hai outras cuestións que lles afectan a elas e a eles en particular, e son elas máis eles os que deben loitar para conseguir avanzar en todos os ámbitos sinalados máis arriba. Certamente, pode haber demandas que gocen do consenso e do apoio doutros axentes e sectores (é razoable e desexable que sexa así), pero a súa formulación e a súa presentación debe ser realizada polo colectivo específico directamente afectado. A solicitude de que na ensinanza secundaria se regularice unha formación teatral básica, pode ser apoiada e defendida por toda a sociedade, e por innúmeros colectivos, pero os titulados superiores en arte dramática teñen aí unha responsabilidade histórica, porque tamén deben ser eles e elas os chamados a impartir esa docencia, por formación, cualificación e competencias.

Por iso é tan importante esta nova Asociación, que debemos entender como unha verdadeira “asociación profesional”, da mesma maneira que no campo das ciencias da saúde existen colexios diversos en función das competencias e responsabilidades de cada colectivo profesional. Queremos dicir con isto que non estamos diante dun “sindicato”, senón diante dun ente colexiado, que se ben non ten competencias para regular o acceso ao exercicio profesional, si debe potenciar liñas que permitan ampliar o abano dese exercicio e que se exerza nas mellores condicións. E como tal “colexio”, debe asumir o compromiso e a tarefa de loitar arreo por desenvolver eses bancais de traballo derivados dos ámbitos antes sinalados, e que son fundamentais para lograr que o teatro chegue a cumprir obxectivos estratéxicos: (1) gañar visibilidade, lexitimidade e institucionalización, (2) diversificar as súas prácticas para que cheguen ao conxunto da sociedade e toda a sociedade se poida beneficiar da praxe teatral, (3) converterse en ferramenta de transformación social,  e (4) conformar un campo profesional rico, diverso, produtivo e crítico.

Por outra banda, hai obxectivos inmediatos cos que se hai que poñer a traballar desde xa, pois teñen moito que ver con esa necesaria converxencia con Europa que vimos reclamando desde hai tanto tempo:

(1) Normativización e normalización da ensinanza teatral en todos os niveis educativos, especialmente en Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.

(2) Potenciación dos proxectos e iniciativas de Animación teatral en tempos e espazos diversos e con usuarios múltiples.

(3) Regulamentación dos procesos e postos de dirección e xestión de centros culturais, espazos escénicos e auditorios.

(4) Potenciación da investigación escénica a través da creación de equipos de investigación e da contratación de bolseiros, como acontece en tantos outros sectores vinculados a liñas de I+D+i, que en teatro deberían ser de investigación, innovación e creación, ou I+i+C, polo que podería haber bolsas de investigación e creación.

Por outra banda, debemos considerar que a aparición desta asociación era pouco menos que inevitable. Mala cousa sería que non aparecese, pois implicaría que os titulados e tituladas en arte dramática renunciaban a poñer en valor a súa formación, e a súa profesión. Noutros campos igualmente emerxentes, están aparecendo asociacións e colexios profesionais vinculados coa Educación Social, co Traballo social, coa Terapia ocupacional…, e non hai tanto que se constituía en Galicia o Colexio de Xornalistas.

A asociación nace pois froito da lóxica interna do sistema teatral, e do seu propio proceso de desenvolvemento. Por iso, a súa aparición non debe entenderse como ameaza, signo de desunión, ou risco de fragmentación, pois é un signo de madureza e de desenvolvemento lóxico nun sistema teatral que teña a aspiración de selo. Haberá ámbitos de actuación, sen dúbida, nos que teña que colaborar ou actuar conxuntamente con outras asociacións ou entidades do sector, polo que o seu traballo debe ter esa dobre orientación: loita polos dereitos dos titulados e tituladas, e loita polo pleno desenvolvemento do sistema teatral.

Estamos ante unha asociación que vai engadir riqueza, diversidade e capacidade crítica e programática a un sector tan estratéxico para a nosa cultura, e que de seguro vai recoller moitas das demandas e reclamacións que algunhas persoas vimos facendo desde hai bastantes anos.

A Asociación de Titulados e Tituladas en Arte Dramática de Galicia está aberta a todas as persoas que, tendo esa condición, vivan e/ou exerzan a súa profesión no país, e para solicitar información ou asociarse, hai que enviar un correo a:

atesadgalicia@gmail.com

Os nosos parabéns aos promotores, moito ánimo na súa empresa, e os nosos mellores desexos.

lunes, 6 de agosto de 2012

Enseñanzas artísticas superiores en la Universidad


EL FUTURO YA ESTÁ AQUÍ

SÚMATE AL MOVIMIENTO Y DIFUNDE ESTE MENSAJE





CAMPAÑA DE RECOGIDA DE FIRMAS POR LA ADSCRIPCIÓN Y LA INTEGRACIÓN EN LA UNIVERSIDAD DE LAS ENSEÑANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES

MV GARCÍA

A finales del mes de julio una delegación de la Plataforma por la integración de las enseñanzas artísticas superiores en la universidad, mantuvo una entrevista con el Ministerio de Educación que resultó muy positiva. Un resumen de lo tratado en esa reunión se puede ver en la página web de la Plataforma, en la sección contactos con el Ministerio.


Parece que el Ministerio está por la labor de integrar las enseñanzas en la universidad, pero la presión de algunas personas de la Junta Directiva de ACESEA (Asociación de directores/as centros) está siendo muy fuerte. Por eso, la Plataforma quiere hacer valer su peso y visibilizar que una inmensa mayoría de los integrantes de las comunidades educativas (salvo los cargos, que ya son cargas), y sobre todo el alumnado apuesta por la universidad.

Con la finalidad de ir avanzando en esa visibilidad, la Plataforma puso en marcha una campaña de recogida de firmas de forma electrónica, para que se visualice el número de personas que piden la entrada en la Universidad, según las Bases que se pueden consultar en la sección correspondiente de la página:


Para firmar hay que ir a:


Se tarta de recoger el máximo número de firmas en toda España, por lo que se ruega se difunda esta comunicación por todos los medios disponibles, entre todo tipo de personas, desde estudiantes, padres, madres, hermanos, amigos, profesionales...., y que también se deje un comentario de las razones por las que firmamos.

Si estás de acuerdo con los objetivos de la Plataforma, no dejes de firmar y difunde cuanto puedas esta petición. Nunca la victoria estuvo más cerca. 

domingo, 29 de julio de 2012


No centenario de August Strindberg
Un dramaturgo excepcional
MF Vieites
August Strindberg naceu en Estocolmo en 1849, cidade na que tamén falecería, en 1912, no ano en que a Academia Sueca lle concedía a Gerhart Hauptmann o Premio Nobel de Literatura, galardón que o propio Strindberg desexaba, e que recibirá a escritora sueca Selma Lagerlöf en 1909. Un feito que dá conta da difícil relación que Strindberg mantivo co seu país e coa sociedade do seu tempo, ante a que mantivo unha actitude desafiante, feito que o levou a vivir en Europa, nun exilio voluntario, durante anos. Xornalista destacado e crítico acedo non refugaba a polémica e mesmo a alentaba, pero tamén era quen de escribir obras amables, como Hemsöborna (1887), a súa novela máis aclamada, na que recrea a vida cotiá nun dos arquipélagos suecos, aquel no que se atopa a illa de Kymmendö.

Strindberg é un fillo xenuíno do seu tempo, e viviu e padeceu todas as contradicións e transformacións propias dunha época convulsa, onde os valores asentados se cuestionan e onde novas forzas coma o feminismo, o socialismo, o laicismo, ou o anarquismo, irrompen nunha esfera pública chea de polémicas. No campo da literatura estivo marcada polos tránsitos: do romanticismo ao realismo, e do naturalismo ao simbolismo, ao expresionismo; modos diferentes de ver e recrear a realidade. Amais de dramaturgo e novelista, Strindberg destacou como pintor e nun dos seus lenzos, o titulado A cidade, de 1903, podemos calibrar ben esa dimensión multiforme, chea de claroscuros, da súa obra.

Pois en efecto non deixa de reflectir o que foi a súa propia vida, pero tamén a súa aventura intelectual, na que transita entre a pulsión obxectiva e naturalista inicial e unha visión máis subxectiva e atenta a canto de escuro e irracional pode haber na vida humana. Foi un declarado admirador de Nietzsche pero tamén de Emanuel Swedenborg, eminente investigador sueco que sempre se moveu entre a ciencia empírica e o ocultismo. Desa procura vital que vai de Apolo a Dionisio dá conta o seu desexo de profundar nos abismos da conciencia, conformando así unha especie de dramática dun eu doente e ferido.

Aínda que nalgún momento da súa vida declarara que o seu interese pola escrita dramática non tiña máis motivo que promover a carreira da súa primeira muller, Siri von Essen, motivo que Per Olov Enquist recreou en A noite das tríbades, o certo é que o seu interese polo drama data dos anos mozos, cando intenta estudar no Teatro Real. Vai ser na súa estadía na Universidade de Upsala onde comece a súa prolífica obra como dramaturgo e inicie a súa paixón polo pasado e polo oculto, dúas liñas de traballo que van conformar pezas tan destacadas como Mäster Olof (1872) ou Ett drömspel (1901), O soño, en galego.

Da súa paixón polo teatro dá conta o feito de que en 1907 puxese en marcha unha das súas empresas máis queridas, o denominado Intima Teater, sala de teatro que seguía a pauta dos teatros libres, independentes, íntimos ou de cámara que abrollan en Europa entre finais do XIX e comezos do XX. Estaba dirixido por August Falck, e tiña como misión a presentación de textos contemporáneos. A sala pechou en 1912 e foi recuperada nos noventa, finalizando o pasado século.

A señorita Xulia
O título desta peza de Strindberg, unha das máis aclamadas pola crítica, ben que non fose ben acollida no primeiro momento, define trazos importantes na súa escrita, sendo un deles os problemas derivados da creba da sociedade estamental, que adoita verse con admiración, polo aquel da distinción que acompaña a nobreza, pero tamén con igual xenreira a causa da diferenza que esa distinción provoca e que adoita derivar en submisión e dependencia, como sinala Xoán o criado seducido, que lembra como o primeiro conde, un labrego con terras, acadara títulos e dignidades ao prestarlle a súa muller ao rei, que estaba de paso.
Strindberg, autor de Tjänstekvinnans son, en galego O fillo da criada, parte das súas propias historias familiares para elaborar esa peza na que a filla dun conde, nunha noite de San Xoán seduce a un criado, para despois acabar suicidándose como única saída para a súa impostura, pero tamén recolle a historia certa de Emma Rudbeck, que logo de seducir a un mozo de cabalos acaba servindo nun restaurante. Retallos da realidade máus crúa, como quería Zola. Foi esta obra un dos mellores expoñentes do naturalismo, e conta cun prólogo no que Strindberg define con precisión esa corrente literaria.